O 90% da roupa usada recuperada en Allariz ten unha segunda vida vía reutilización e reciclaxe.

Os recursos que xera a entidade destínanse principalmente a programas de cooperación ao desenvolvemento.

Humana Fundación Pueblo para Pueblo, organización que promove a protección do medio a través da reutilización de téxtil e leva a cabo programas de cooperación en África, América Latina e Asia, así como apoio local en España, recuperou 8,816 kg de téxtil usado en Allariz durante o primeiro semestre de 2022. A entidade sen fin de lucro recuperou 8.816 kg de xaneiro a xuño por 7.655 no mesmo período do ano pasado: é un incremento do 15,2%.

As prendas recollidas proceden dos catro contedores que Humana ten situados na vía pública, onde a cidadanía deposita a roupa, calzado e complementos e o téxtil de fogar que xa non utiliza para que Humana lles dea unha segunda vida. O obxectivo pasa porque a recollida selectiva de roupa usada e a súa preparación para a reutilización se consoliden como parte fundamental da xestión de residuos.