Humana Fundación Pueblo para Pueblo, organización que promove a protección do medio a través da reutilización de téxtil e leva a cabo programas de cooperación en África, América Latina e Asia, recuperou case 18 toneladas e media de téxtil usado en Allariz durante o ano 2021.

A entidade sen fin de lucro recuperou en Allariz 18,402kg de material textil, un 4,6% máis que no 2020, na que as cifras chegaran a 17592kg. O residuo téxtil (roupa, calzado, complementos e téxtil de fogar) que se deposita nos contedores situados na vía pública equivale a 74.000 pezas que son clasificadas na planta de preparación para a reutilización que Humana ten en Leganés. A maior parte terá unha segunda vida: o 50% pódese reutilizar e máis do 35%, reciclar.

Dende Humana explican que están moi satisfeitos polo incremento e sobre todo agradecidos polas doazóns da cidadanía. Trasladan a importancia de seguir nesta liña para seguir afianzando a reciclaxe de textil.

A reutilización do téxtil usado contribúe á redución das emisións de CO2: por cada kg de roupa recuperada (e non conducida a un centro de tratamento de residuos para a súa incineración ou disposición final) evítase a emisión de 6,1 kg de CO2, segundo un estudo da Federación Humana People to People. As máis de 18 toneladas recuperadas o ano pasado en Allariz evitaron a emisión de 112 toneladas de CO2 á atmosfera.

A reciclaxe téxtil é parte do compromiso que Allariz ten co Medio Ambiente. A traves do Servizo RE o Concello de Allariz ano tras ano traballa no coidado do medio para continuar sendo un referente grazas a colaboración veciñal, a que Bernardo Varela, concelleiro de Medio Ambiente agradece a colaboración.

Durante o 2021 púxose en marcha o Punto ReR, tendo unha boa acollida entre a veciñanza. Esta nova ferramenta ven a completar a os programas existentes, como a compostaxe comunitaria e individual así como a recollida de cartón e vidro e a separación de residuos, que tan bos resultados seguen dando.