Igualdade retoma a actividade no rural despois do Nadal

A área de Igualdade do Concello de Allariz retoma a próxima semana o traballo nas asociacións veciñais do Mato e Nanín, a través do programa de dinamización “Mulleres compartindo!” co obxectivo de seguir achegando ao rural alaricano unha programación de actividades que fomenten a mellora persoal e as relacións veciñais.

Durante as sesións, os luns e martes, realízanse actividades de estimulación cognitiva, creatividade, traballo corporal, coñecemento persoal ou convivencia, entre outros.

Igualdade tamén recupera, despois do Nadal,  a programación radiofónica “Vivir na Ziralla” no que os maiores son os protagonistas. OS martes de 11:30h a 13:00h en Radio Allariz fálase sobre temas diversos como cociña, política ou mulleres.

 

2019-01-15T11:56:37+00:00miércoles, 09/01/2019|ACTUAIS, FORMACIÓN, NOVAS ALLARIZ|
X