O Instituto de Sexoloxía-INCISEX, a través do convenio recentemente asinado co Concello de Allariz, impartirá en Allariz o vindeiro 18 de xaneiro, o primeiro seminario de sexoloxía na infancia e na adolescencia en situación de transexualidade.

Esta formación está aberta para profesionais interesados/as así como para o alumnado do curso de monitor/a  de educación sexual impartido en Allariz.

Xamu Díez Arrese, docente do seminario xunto con Bárbara Serrano, apunta que “ ademais de traballar algunhas nocións básicas para o entendemento, falarase sobra a situación actual da cuestión que nos ocupa. E como novidade presentaremos os puntos centrais do modelo de atención con familias que elaboramos durante os últimos anos”.

 

I Seminario de sexoloxía.   Infancia e adolescencia en situación de transexualidade

CONTIDOS:

  1. Breve balance da situación actual
  2. Nocións básicas para entendernos
  3. O noso modelo de atención
  4. Consultas máis frecuentes

 

DOCENTES: Xamu Díez Arrese e Bárbara Serrano, membros do grupo de estudo e intervención en Infancia, Familia e (tran)sexualidade do Instituto de Sexoloxía Incisex.

 

DATA, HORARIO E LUGAR: 18 de xaneiro 2020, de 15:30 a 20:00h., no segundo andar do Fogar dos Maiores, sito na Barreira, 3. Allariz.

 

FORMA DE PAGO: O prezo do seminario de formación é de 40€.

Para reservar praza é imprescindible realizar o pago a través da transferencia á conta:

ES98 1491 0001 2420 2287 7225.   E indicar o nome do seminario ao que se inscribe.

 

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS: Fogar dos Maiores – fogardosmaiores@allariz.com