Comezan as obras da estrada de Santa Mariña, OU-0152, ao seu paso por Allariz, ca mellora das beirarrúas da marxe esquerda entrando no termo municipal.

Responsables municipais achegáronse na mañá de hoxe para visitar o inicio das obras. En xornadas anteriores informouse aos propietarios da zona das melloras que se van a realizar.

Estas melloras consistirán no arranxo das beirarrúas da marxe esquerda a súa entrada a Allariz pola OU-0152. A intervención inclúe a canalización da rede de pluviais na zona, así como o soterrado de comunicación e das redes, que permitirá eliminar os postes e cableado tan molestos nas fachadas e na beirarrúa.

Así mesmo a pavimentación destas, a adecuación da zona de aparcamento e o arborado ornamental completarán o proxecto que incrementará a seguridade dos peóns na zona.

Este proxecto promovido polo Concello de Allariz, esta dentro dos acordos de colaboración entre a institución municipal e a Deputación Provincial, cun orzamento de execución que ascende a máis de 89.000€.

Cristina Cid, Alcaldesa de Allariz, acompañada do aparellador municipal e dos responsables da execución da obra visitaron a zona na que comeza a intervención.