Aínda non hai un mes da apertura da décima edición do Festival de Xardíns de Allariz e xa pasaron polo recinto 3.365 persoas para coñecer, de primeira man, os Xardíns de Cine. Xardíns que recreanpelículas coñecidas como Mary Poppins, Dogville o Mi Tío de Jacques Tati. Dez formas diferentes de ver o cine na que os seus creadores fannos partícipes dos seus deseños a través de secuencias e escenarios naturais homenaxe ao cine clásico, as orixes da sétima arte, e mesmo algúns xardíns convidan aos e ás visitantes a crear a súa propia película a través das redes sociais.

Ata o 3 de novembro poderase visitar o recinto que alberga os dez xardíns que concursan polo voto do público. Amósanse, ademais, o xardín gañador na pasada edición e o xardín deseñado polos alumnos e alumnas do IES de Allariz que reservou a parcela educativa para render homenaxe á película de José Luis Cuerda, “A lingua das bolboretas», rodada en Allariz hai 20 anos.

O Festival Internacional de Xardíns de Allariz (FIXA) converteuse nunha cita consolidada no programa paisaxístico e referente pola súa particularidade: é  o único das súas características que se celebra en todo o Estado. Constitúe un dos principais reclamos turísticos de Allariz e as súas dez edicións consolidan o evento como referente para público especializado, profesionais do sector e visitantes así como veciños e veciñas.

Toda a información en www.allariz.gal/festival