O paseo da Alameda converterase, a finais de agosto, en escaparate do comercio local coa celebración dunha nova edición do mercado de verán, organizada por comerciantes e Concello de Allariz.

Os días 29 e 30 de agosto ao redor de 15 comercios alaricanos ofrecerann descontos e ofertas en moda e complementos entre outros.

Debido a situación sanitaria declarada pola Covid-19, o mercado celebrarase con todas as medidas e protocolos necesarios para a súa realización.

O horario será ininterrompidamente de 10:00h a 21:00h no Paseo da Alameda, a beira do río Arnoia.