Mañá sábado, 15 de xuño, ás 11:30h convócase o pleno extraordinario que servirá como sesión constitutiva da corporación municipal de Allariz para o mandato 2019-2023, de acordo cos resultados das eleccións municipais celebrabas o pasado 26 de maio.

Na sesión procederase á toma de posesión do cargo de concelleiros e concelleiras e, unha vez estes sexan concelleiros/as de pleno dereito, procederán á elección da alcaldesa, que comezará coa presentación de candidatos por parte das distintas forzas políticas.