O salón de plenos da Casa do Concello será o escenario no que se fará entrega do “XXIV Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais”. O acto terá lugar mañá sábado, día 21  de novembro, ás 12:00h.

Félix Castro Vicente será o galardoado nesta edición de 2020,  ca obra “Do doutor Alveiros á porta de palla. O ocultismo na obra e vida de Vicente Risco”.

Debido a situación xerada pola Covid-19, o acto de entrega realizarase sen publico. Asistirán representantes do Concello de Allariz, Cristina Cid, Alcaldesa de Allariz e Alberto Conde, concelleiro de Cultura,  representantes do Concello de Castro Caldelas así como da Fundación Vicente Risco.