O xurado técnico designado pola Asociación Española de Paisaxistas  para elexir o Premio AEP o mellor Xardín da edición 2019 do Festival de Xardíns de Allariz, composto por Esther  Valdés (vicepresidenta da AEP), María de Santiago (Vocal da AEP) e Xose Souto (socio AEP), reuníuse vía skype o pasado 13 de decembro de 2019 as 12 h.

Os membros do xurado visitaron os proxectos do festival en distintos momentos entre os meses de maio e octubro de 2019. Na reunión, tras comentar cada un dos proxectos e deliberar sobre a súa adecuación ás bases do concurso, o xurado emitiu o seguinte fallo:

O premio AEP ó mellor Xardín da edición 2019 recae sobre o Xardín “Se o heroe da túa propia pelicula” , do equipo EMU formado por Elisabeth Stacher,Max Mille y Udo Buttinger, que ocupaba a parcela número 10.

 

O xurado valora os seguintes aspectos do proxecto:

Conceptualmente,o xardín adáptase á temática asignada para a edición: Xardíns de Cine. Establece un percorrido polas etapas da vida dunha persoa (infancia, xuventude, idade adulta e vellez) e cada unha delas é representada por unha película. A adecuada selección das cintas e o deseño do xardín a través dunha pequena senda outórganlle unha gran riqueza e complexidade, ademáis dun importante valor simbólico.

En canto ó proxecto resolto de forma notable. Os catro Xardíns son diferentes e teñen características propias, cunha adecuación entre o deseño e cada unha das etapas vitais que se queren representar.O camiño exerce de fio conductor dando unidade e coherencia o proxecto, permitindo o percorrido e creando un espazo estancial.

Coma gañador tamén do  premio do público, poderemos desfrutar deste xardín outra vez  nesta vindeira edición 2020, onde o tema a concurso é os Xardins da Poesía.