Allariz celebra, os días 23 e 24 de febreiro, unha nova edición do mercado de oportunidade de  inverno, organizada polo comercio e hostalería en colaboración co Concello de Allariz.

O pavillón de deportes do IES acolle a dezaoito comerciantes que ofrecerán oportunidades en moda, fogar, complementos, decoración e artesanía, entre outros. Pero ademais este evento incorporará gastronomía, con produtos e tapas para degustar no recinto e actividades para nenos e nenas coa incorporación dunha ludoteca no interior.

Os comerciantes liberan o stock de inverno e os visitantes teñen a oportunidade de participar no sorteo dun  pack turístico, outro tecnolóxico, dous vales de 100€ para gastar na xoguetería e un vale de compra de 200€ no comercio local. O mercado da oportunidade, con entrada gratuíta, abrirá de 11:00h a 20:00h ininterrompidamente.