Os días 17 e 18 de agosto Allariz celebra a Festa da Empanada. O programa ábrese o sábado 17 co tradicional campionato de Billarda no Campo da Barreira e, pola tarde, ás 18:00h, disputarase unha nova edición do tríatlon “Vila de Allariz” con saída dende a Alameda. Ás 20:30h comeza a música, con María Faltri e Jorge Juncal que farán un repaso polas tradicionais cancións infantís galega e  as 24:00h terá lugar o concerto de Habitación Vudú nos xardíns do Museo do Coiro.

Xa o domingo, ás 11:00h, A Banda Unión musical de Allariz encabezará o pasarrúas. Á mesma hora celebrarase a Regata de Piragüismo dende o embarcadoiro da Alameda e ábrase a festa campestre no Campo de Vilanova onde haberá postos de empanada durante todo o día. Ás 12:00h desfilarán os xigantes e cabezudos acompañados polo grupo de gaitas De Pé Feito, dende a Casa da Cultura ata o Campo de Vilanova e ás 13:00 concerto da Banda Unión Musical de Allariz. Pola tarde disputarase o Trofeo de Fútbol Festa da Empanada, no Seixo, e a partir das 19:00h máis música co concerto de Laroá e a orquestra Grupo D´Moda.