Dr. Solla
Centro de Saúde de Allariz.
Entre o pánico e a información elixo sempre estar informado.
Esta tarde convocamos unha charla informativa acerca da situación “actual” do coronavirus. COVID- 19 Ás 20 h.
A cuestión e a decisión non foi evidentemente casual, obedece precisamente á necesidade de informar en proximidade neste caso á poboación Allaricense. O mellor exemplo da necesidade de dita charla tivémolo polas reaccións previas á mesma, fundamentalmente chamadas e correos wasaps etc. Recibidos algunhas dende o concello criticando o feito de que xuntemos moita xente e por tanto póidase contribuír á propagación do virus ocasionando mais un prexuízo que un beneficio.
A onda epidemiolóxica en Ourense dentro do contexto galego é moi baixa (un caso confirmado e algún mais dubidoso non publicados). Acábase de comunicar o peche de colexios para o vindeiro luns e en xeral todo isto xera bastante alarma e é entendible a preocupación por tanto, ben intencionada sen dúbida, de todas as persoas que de maneira activa comunicáronse co Concello, pero convén aclarar que o risco neste momento para as persoas que acudan á mesma é moi baixo, aínda que é certo que isto podería cambiar en cuestión de días en función precisamente da evolución da devandita onda epidemiolóxica.
Unha información veraz, e contrastada a tempo pode contribuír de maneira moi eficaz ao control da problemática que sen dúbida estamos a abordar e abordaremos nos próximos días.
Ata o momento a percepción que eu particularmente teño no centro de Saúde de como esta entendendo a xente este problema móvese entre dous extremos , os que seguen afirmando que isto é unha “simple gripe” e por tanto banalizando o problema e os que están en pánico e xa foron ao supermercado para comprar provisións porque se achega o fin do mundo ou teñen unha colección de máscaras en casa. É por isto que ten sentido informar en proximidade para que esta información non estea mediada unicamente polos medios de comunicación e teña rigor científico.
Como recomendación xeral para esta tarde aconsello non saudarse con contacto físico (non bicos nin apertóns de mans etc.) Non acudir aquelas persoas que presenten calquera cadro catarral aínda que o consideren banal , nin aquelas que estiveron viaxando a zonas onde todos sabemos polos medios de comunicación que teñen un numero elevado de casos.
Con estas mínimas medidas poderemos a día de hoxe ter unha reunión segura que espero sexa tranquila e sobre todo moi produtiva para a problemática que sen dúbida imos ter que afrontar enfocada a evitar a propagación do Coronavirus.
Un saúdo
Solla