O Concello de Allariz informa que se está a espera da corrección dos datos de escrutinio correspondentes aos resultados electorais de onte 28 de maio en Allariz.
Apercibido o erro dos datos trasladados, tanto por canles oficiais como polos medios de comunicación, o Concello de Allariz púxose onte pola noite en contacto coa Subdelagación do Goberno co fin de solicitar a reificación dos mesmos, xa que estaban a crear confusión entre a cidadanía.
Finalizado o reconto en todas as mesas electorais no Concello de Allariz o resultado do escrutinio é o seguinte:
BNG: 2.227 votos
PP: 865 votos
PSdG-PSOE: 248 votos
Agardamos a rectificación dos datos ao longo do día de hoxe.