A Asociación de Comerciantes e Hostaleiros de Allariz rexurde, despois dun ano de inactividade, co obxectivo de dinamizar o comercio e hostalería e atraer o máximo número de clientes aos seus establecementos.

A Asociación representa actualmente un 50% dos locais comerciais e hostaleiros de Allariz aínda que traballará para conseguir aumentar a cifra e chegar, segundo explicaba o novo presidente José Ángel Gil,  “a sectores nos que antes non se pensara como os taxistas” e así “crear sinerxías entre os sectores para que todos saiamos gañando”.

O  presidente adiantaba que unha das súas primeiras iniciativas que organizará a nova directiva será a Feira da Oportunidade prevista para finais de febreiro.

 

FOTO: Marcos Atrio