O Concello de Allariz segue co seu plan de eficiencia enerxética , despois das fases xa executadas nos exercicios anteriores o Concello acomete neste 2022 varios cambios de luminarias co obxectivo de mellorar a eficiencia de varios núcleos de Allariz.

Nesta ocasión ,estas melloras executaranse con fondos propios , un total de 49000 € de inversión, que iran dirixidos a os núcleos de : O Mato, A portela de Airavella, Vilariño, Meire e Gundiás ademais do Pavillón Municipal.

Esta propia semana, e aproveitando a Semana Santa e o descanso escolar e das ligas ,estase procedendo ao cambio das luminarias de dito pavillón e no prazo de 40 días terán que estar executadas as obras no resto de núcleos.

Dende o Concello destacan que “é importante avanzar nestas tarefas encamiñadas ao cambio de luminarias tradicionais por tecnoloxía led que axudaran a reducir o consumo e mellorar altamente a eficiencia enerxética.”