O Concello de Allariz, en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, pon en marcha unha nova iniciativa contra a violencia de xénero (Operación cofinanciada pola Unión Europea. PO Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020).

Atención a mulleres é o título do programa que o concello alaricano desenvolverá coa finalidade de proporcionar acompañamento ás mulleres que estean pasando por situacións de violencia de xénero ou en situación de vulnerabilidade. Todo o traballo estará dirixido e supervisado por unha profesional especializada en Educación, Xénero e Políticas de Igualdade, para realizar, así, un acompañamento axeitado.

As actuacións levarase a cabo nas dependencias do Fogar dos Maiores, na área de  Educación e Igualdade, todos os días da semana, en horario de mañá, de 10:00 a 13:30h.