Aberto o prazo para a presentación de solicitudes para o programa Termalismo Social 2021 da Deputación de Ourense.
Haberá tres modalidades para escoller, estancias termais de 6 días, fin de semana ou tratamentos.
As estancias termais de 6 días para persoas con 50 ou máis anos de idade. O fin de semana poderano desfrutar persoas con 18 ou máis anos de ideade e os tratamentos termais serán para persoas de 50 ou máis anos de idade.
O prazo de solicitudes está aberto dende o día 5 de outubro e poderás informarte e presentar a túa solicitude no Centro de Servizos Sociais Comunitarios-Fogar do Maior, R/ A Barreira