A Casa da Mocidade tamén abren o prazo para inscribirse ás clases de batería, guitarra eléctrica, batucada e como novidade para este curso ofertarase percusión africana. A data límite para se anotar será o 1 de outubro e deberás facelo na Casa da Mocidade, ou no correo mocidade@allariz.gal ou no teléfono 988 442 107. 

Por outra banda  convocan a todas as persoas usuarias a que participen aportando as súas ideas. Co lema “Precisamos a túa opinión” convocan en dúas quendas, mesas redondas para achegar as inquedanzas da mocidade de Allariz e así elaborar unha programación acorde aos usuarios e usuarias.

A primeira quenda será para os/as mozos/as de entre 14 e 18 anos, o día 23 de setembro as 20:00h na Casa da Mocidade de Allariz e o segunda quenda será o 24 de setembro, tamén ás 20:00h para os e as de 19 anos en adiante.

Por outro lado o horario dos diferentes espazos da Casa da Mocidade modifican o seu horario: 

Aula do Saber: luns a sábado de 09:00h ás 14:00h e de 16:00h ás 21:00h.

Aula do Lecer: xoves e venres de 19:00h ás 21:00h e os sábados de 18:30h ás 21:00h.