A pasada semana remataba a primeira campaña de limpeza e escavación no xacemento Castelo Mouresiños en San Salvador dos Penedos.

O levantamento topográfico realizado por un dron puxo fin á primeira fase desenvolvida polo Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo. O estudo fotográfico aéreo permitiu coñecer o xacemento ao detalle, duns 800 metros cadrados.

A primeira intervención, que tivo lugar en setembro, deixou ver a riqueza do asentamento de tipo militar no que, na última semana, os arqueólogos escavaron a porta norte da fortaleza. Atopáronse, ademais, moedas de prata e bronce, unha especie de fouce ou coitelo de ferro e numerosos restos cerámicos.

O alcalde Francisco García visitou a zona e agarde seguir respaldando novas campañas arqueolóxicas no 2017 que permitan coñecer máis sobre os antigos moradores da fortaleza.