O Campo de Vilanova acolleu hoxe pola mañá a presentación da II edición da BTT Allariz a que asistiron o concelleiro de Deportes, Carlos Puga, os coordinadores deportivos do Concello de Allariz Roberto Naranjo e Javier López e un representante das asociacións ciclistas locais, Club Ciclista Allariz e A Sociedade Ciclista Alaricana que tamén colaboran na actividade.
O próximo 29 de setembro, Allariz converterase no epicentro do ciclismo de montaña coa celebración da II BTT Allariz, un evento que promete emocións fortes e paisaxes espectaculares na comarca. A cita terá lugar no Complexo Vilanova, na Piscina Municipal, e ofrecerá dous percorridos para adaptarse a todos os niveis de experiencia e preparación física.
Dous percorridos para todos os Gustos
As persoas participantes poderán escoller entre dúas opcións de percorrido:
-
Percorrido Longo de 45 km: Cun desnivel acumulado de 1450 metros, este traxecto está deseñado para quen teña maior experiencia. A saída será ás 9:00 horas fronte o Hotel Oca Vila de Allariz.
-
Percorrido Curto de 23 km: Ideal para todos os públicos, este percorrido máis accesible comezará ás 9:00 horas fronte o Hotel Oca Vila de Allariz
Pero atención, as e os valentes da ruta longa: no quilómetro 24, haberá un punto de corte ás 12:00 h. Se non pasades antes das 12:00, non podedes continuar e tedes que ir á meta.
Un Día de Deporte e Natureza
As persoas participantes gozarán de avituallamento ao rematar no que haberá avituallamento e comida dispoñible para todas as persoas participantes.
Ademais, realizarase un sorteo de agasallos e entregarase un agasallo conmemorativo da proba ás 200 primeiras persoas inscritas.
Circuito Infantil para os/as máis pequenos/as
Ademais, o propio día da BTT celebrarase un circuito infantil ás 12:00h para que todos os nenos e nenas que desexen participar poidan gozar tamén deste evento deportivo. A actividade será totalmente gratuíta, e quen queira participar deberá anotarse previamente na Piscina Municipal.
Consulta do Track da Proba
As persoas interesadas poden consultar o track provisional da proba na seguinte dirección: Track BTT– pendente de confirmar definitivo
Unha Localización Privilexiada
Allariz, situado dentro da Reserva da Biosfera “Área de Allariz”, ofrece un entorno natural único para a práctica do ciclismo de montaña. As persoas participantes poderán desfrutar de paisaxes impresionantes mentres percorren rutas que destacan pola súa beleza e diversidade ecolóxica.
Inscricións e Prezo
As inscricións están dispoñibles a través de sportmaniacs.com , cun custo de 17€. Espérase unha gran participación, polo que se recomenda ás persoas interesadas inscribirse canto antes para asegurar a súa praza neste evento que promete ser inesquecible.
Para máis información piscina@allariz.gal ou no 988 442 083.