Hoxe pola mañá foi presentado o Campus Concello de Allariz 2021 organizado por Ociosaugal en colaboración co Concello de Allariz e o CD Allariz.

Helena Suárez, concelleira de infraestruturas deportivas, Sara Pato, representante de Ociosaugal e Sonia Rodríguez como representante do CD Allariz, presentaron as novas datas do campus para esta edición 2021, que se desenvolverá do 2 ao 6 de agosto nas instalación de O Seixo.

As actividades terán un horario de 10:00h ás 13:30h, con grupos reducidos e seguindo todos os protocolos e medidas sanitarias.

Este ano as crianzas que participen no campus recibirán unha camiseta Adidas para cada un, contando con adestradores titulados e o campus contará cun seguro de lesión individualizado para cada participante.

Para formalizar a inscrición e pago  poderase acudir a recepción da piscina Municipal de Allariz, en horario de apertura das instalacións de 07:30h ás 13:00h e de 16:00h ás 22:00h de luns a venres e de 09:00h ás 14:00h sábados, domingos e festivos.

Dende a directiva do CD Allariz explicaban que todos os membros da escola deportiva do CD Allariz levarán a información do Campus para facilitar así a inscrición podendo entregala xa no mesmo Seixo en horario de tardes.

Os prezos do campus serán de 65€ para os participantes  empadroad@s no Concello de Allariz ou xogador@s do CD Allariz e de 80€ para externos.

Tamén se poderá formalizar a inscrición online ao campus no seguinte enlace:

Campus Concello de Allariz 2021: https://docs.google.com/forms/d/1RwLS2lPAkFchIffeiAVeRi2DrSuM1FH-O6qRHLC_o3s/viewform?edit_requested=true

Para máis información sobre as actividades poderás consultar na web https://ociosaugal.es/portfolio-items/campus-concello-de-allariz/  , no 600826238 / 667817505 ou no Facebook de Ociosaugal.