O Club de Lectura da Biblioteca Municipal de Allariz naceu a finais de 2019 como unha actividade para fomentar a lectura, para compartir impresións e aprender. Por outra banda e unha forma de coñecer e crear vínculos cos demais compoñentes do club.
O club consta dunha serie de accións, como reunións mensuais na que os participantes intercambian pareceres sobre a obra que están a ler. A maiores destas reunións tamén teñen previstas actividades complementarias para este 2020.
A primeira actividade que está programada será unha visita literaria-cultural a Ribadavia na que percorrerán algúns puntos de interese deste municipio, entre os que están o Centro de Información Xudea e o Castelo. Outra das actividades programadas para esa visita será a degustación de viños na Adega Pousadoiro.
O xantar será no Club Náutico de Castrelo de Miño e pola tarde acabaran a xornada, antes de regresar, no Museo do Viño de San André de Camporredondo.
Calquera persoa que este interesada en asistir a esta actividade do Clube de Lectura da Bliblioteca Municipal de Alllariz poderá achegarse a Casa de Cultura para facer a inscrición. Tamén se pode realizar a través do teléfono 988 44 08 59 ou no correo electrónico cultura@allariz.com. Prazas limitadas.