Comercio e hostalería de Allariz celebran o San Valentín coa campaña Namórate de Allariz

Namórate de Allariz! Este é lema da nova campaña que o colectivo de Amig@s de BenComún, entre eles o Concello de Allariz, organiza co gallo da celebración, o 14 de febreiro, do día dos namorados/as ou San Valentín.

Hospedaxes, restaurantes e comercios deseñaron unha atractiva e romántica campaña para que tanto veciños/as como visitantes se namoren en e de Allariz.

Entre o 14 de o 24 de febreiro (ambos os dous incluídos) localizaranse en Allariz, no casco histórico e no interior dos comercios, hospedaxes e restaurantes participantes, marcos fotográficos para inmortalizar a instantánea romántica. As fotografías que circulen nas redes coa etiqueta #namóratedeallariz entrarán nun sorteo de 3 premios dunha noite e cea para dúas persoas e  cinco premios dunha cea para dúas persoas.

Información sobre o sorteo: https://oqueho.gal/namorate-de-allariz/

2019-02-18T10:52:44+00:00lunes, 11/02/2019|ACTUAIS, NOVAS, NOVAS ALLARIZ|
X