Ao redor duns 15 alumnos pertencentes ao sector do comercio alaricano realizaran este curso de 20 horas ofertado dende a Área de Comercio e Promoción Económica. A formación realizarase a través dunha plataforma en directo, para que os asistentes podan interactuar coma se dunha formación presencial se tratase.

O programa do curso inclúe; unha análise dos patróns de compra online, cales son as canles para este público máis usadas (Facebook, Instagram, Whatsapp, Emailing,web propia, Marketplace locais) e formación básica nunha ferramenta de deseño fácil e intuitiva (Canva).

O obxectivo é profundizar  no valor de cada rede para acadar candanseus obxectivos de marqueting, conquerir o manexo técnico de cada rede e sacarlle partido coma ferramentas profesionais. Todos as alumnas terán a súa disposición tempo de titorías individuais para a resolución de dúbidas

Dende a Concellería de Comercio de Allariz  sinalan que a situación actual provocada pola pandemia ven de acelerar o paso á dixitalización xa coma unha necesidade e creen que iniciativas deste tipo contribúen a mellorar o comercio local para dar un mellor servizo.