A Asociación de Comerciantes e Hostaleiros de Allariz dan a benvida a unha nova edición do Festival Internacional de Xardíns e visten os seus escaparates de primavera.

Con motivo da celebración da apertura da sétima edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz o comercio de Allariz participa nunha campaña de dinamización co obxectivo de animar a tempada de primavera. A iniciativa consiste nun concurso de escaparates de primavera que estará vixente ata o 13 de maio.

O xurado, composto por membros  da organización do Festival Internacional de Xardíns de Allariz, veciños da vila e outros especialistas valorarán a calidade e harmonía do escaparate, os motivos primaverais empregados na decoración, a modernidade, innovación e creatividade así como a iluminación empregada para a exposición do produto.  Os tres mellores deseños recibirán 150€, 75€ e unha cea.