Cristina Cid, alcaldesa de Allariz, María López, Concelleira de Promoción Económica e representantes de comercio e hostalería de Allariz presentaron ,na mañá de hoxe, os Sábados de comercio na rúa.
Este sábado 27 de xuño o comercio e hostalería de Allariz saíra a rúa no Casco Histórico. A zona que albergará este corredor comercial serán a rúa de Pepe Puga, rúa do Portelo, rúa Castelao, rúa Fonteiriña, Praza Maior e Praza do Matadoiro.
Ao redor de 28 establecementos comerciais, que están situados en Allariz, desenvolverán a súa actividade cada sábado no casco histórico.
Os establecementos que teñan o seu local no casco, utilizarán parte das súas fachadas e da rúa para mostrar todo aquilo que teñen de bo e de calidade. Así mesmo os que están situados fora do casco, o Concello de Allariz habilitaralle un espazo na rúa para poder desempeñar a súa actividade durante as mañás de sábado.
A actividade deste corredor comercial verase completada co Mercado da Reserva que se ven celebrando dende fai varios anos na antiga Praza de Abastos cun gran éxito.
Ademais de toda esta actividade haberá sorteos. Habilitarase un punto que estará na Praza do Matadoiro, para que as persoas que se achegue entre as 10:00h e as 12:00h podan participar na Ruleta do Comercio. Esta ruleta consistirá no sorteo de 20 vales de 20€, 28 vales nominativos de 20€ para gastar no Comercio que sae a rúa e un gran premio de 200€. Todos estes premios serán para consumir no comercio e na hostalería de Allariz durante a mesma mañá de sábado.
A maiores a ambientación de rúa tamén terá cabida nestes Sábados de comercio de rúa, na que a música será parte desta experiencia que vai a ser vir a Allariz os sábados.
Allariz conta con varias zonas de aparcamento nas inmediacións do corredor comercial. Estas son o Campo da Barreira, o aparcamento da rúa Emilia Pardo Bazán, a Praza de Modesto Seara, a rúa do Portovello e A Granxa e o Arnado.