A programación de inverno da Casa da Mocidade do Concello de Allariz arrancará mañá sábado cunha chea de actividades ben interesantes.

Un obradoiro de djembe será a primeira das actividades da época invernal que a área de mocidade organiza durante este trimestre de 2022.

Ademáis deste obradoiro a mocidade e o público en xeral poderán facer saídas de sendeirismo, obradoiros de maquillaxe de entroido, de arte urbano, saída cicloturisa, paint ball, ruta astronómica etc.

Tamén programaráse para finais de xaneiro un mercadiño de troco e xa no mes de marzo unha formación ca asociación Andrea sobre terapias asistidas con animais.

Todas as actividades están abertas ao público en xeral, priorizando no caso de límite de prazas a mocidade de 13 a 33 anos. Para que a actividade se realice dende a área de mocidade indícannos que débese cubrir un mínimo de 10 inscricións para poder realizar a mesma.

Iago Santás concelleiro de Mocidade confía en que as actividades sexan do interese dos mozos e mozas e que se animen a participar nesta programación de inverno que tenta abarcar opcións para todos os gustos.

Para información e inscrición nas actividades facilitase o correo mocidade@allariz.gal, e o telefono 988 680 434 ou na mesma Casa da Mocidade.

Podes consultar a programación en allariz.gal/mocidade