Esta campaña conta cunha subvención da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia  e está cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, sendo a inversión subvencionable de 13.750 €, máis IVE para esta partida. O que permitirá acometer a mellora desas 8 zonas de compostaxe, incluíndo a colocación de 15 composteiros de gran capacidade naquelas zonas nas que o gran nivel de aportación así o require.

Así mesmo se aproveitará para reparar, mellorar e regular o aporte nas zonas de acumulo de biomasa, que en algúns casos están desbordadas polo uso continuo e masivo.

Recordar que na actualidade Allariz dispón dun número superior os 100 composteiros nas súas áreas de compostaxe comunitarias, que complementan a función dos máis de 400 composteiros de uso individual dos que dispoñen aqueles propietarios que os solicitaron para as súas parcelas particulares e a recollida porta a porta nos grandes produtores. Cabe sinalar que este ano se está a executar dentro deste mesmo programa e en colaboración coa Asociación ADEGA a entrega de 150 composteiros para os usuarios que así o requiran, sendo estes totalmente gratuítos. E podendo solicitalo no mail: medioambiente@allariz.gal.

A veciñanza de Allariz, está a fronte da reciclaxe en Galiza, e agardamos que este ano se acade o 50% de lixo reciclado e/ou recuperado, tras o parón que supuxo o ano 2020 no desenvolvemento destes proxectos. Para elo é preciso poñer os medios dende a administración local, pero aínda máis importante é o compromiso co medio ambiente por parte da cidadanía, que resulta absolutamente imprescindible ante o avance do cambio climático.