O Concello de Allariz busca artistas de rúa para participar na programación da Semana Santa ao Vivo que se celebrará do 24 ao 27 de marzo.

Como cada ano, o departamento de Promoción Económica do Concello de Allariz continúa traballando para organizar a programación da Semana Santa ao Vivo, unha alternativa diferente que, conxuga arte, tradición e cultura.

Este proxecto cultural abarca sobre todo música de rúa, nos seus variados estilos, ademais doutras disciplinas artísticas susceptibles de realizarse na rúa, como danza, espectáculos de maxia ou teatro, entre outras. Así o Concello de Allariz busca artistas que desexen actuar durante a Semana Santa nas rúas do Casco Histórico de Allariz para amenizar o paseo dos transeúntes.

Para participar é preciso cumprir as Bases de Participación que poderán descargar na páxina web www.allariz.gal. Máis información deben contactar coa Área de Promoción Económica do Concello de Allariz a través do correo electrónico participa@allariz.com ou do teléfono 988442210.

FORMULARIO_DE_INSCRICIÓN_2016

BASES SEMANA SANTA AO VIVO