O proxecto comezou coa colocación de 6 novos indicadores na Ruta do Canelar. Esta ruta é un sendeiro circular dun interese paisaxístico e patrimonial innegable, que parte  e remata na aldea de Paicordeiro.

O Canelar ten una variante longa de 9 km que chega ata Penamá. Neste punto foi sinalizado un mirador que nos ofrece unha vista espectacular en pleno epicentro da Reserva da Biosfera Area de Allariz. A ruta tamén conta cunha variante curta de 5 km que nos conduce ata a bela aldea de San Salvador dos Penedos e os restos do  Castelo de Todea, volvendo ao punto de inicio. O percorrido de volta dende San Salvador ata Paicordeiro transcorre pola Vía da Prata o seu paso polo Concello de Allariz.

Ademais desta intervención, neste mes de maio procederase á resinalización e mantemento do tramo das rutas BTT que percorren a Reserva da Biosfera , en Allariz.

De cara ao verán procederase  a mellora das pezas informativas en Santa Mariña e Armea, colocando  indicadores para que os visitantes  sigan a ruta correcta sen perder nada dunha paraxe histórica e natural magnifica.

As Áreas de Medio Ambiente e de Turismo colaboran neste proxecto que tenta facilitar a cidadanía local e visitante o acceso  a os nosos recursos naturais e patrimoniais.