Este xoves día 7 de outubro, ás 19:00 horas no salón de plenos municipal, técnicas de ADEGA realizarán unha charla sobre compostaxe dentro do programa de colaboración coa Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia para o fomento desta medida recollida no Programa Europeo Horizonte 2020. Estas actuacións están cofinanciadas nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, sendo a inversión subvencionable de 41.471,50€.
Durante a charla a veciñanza poderá adquirir coñecementos básicos sobre compostaxe individual e comunitario, solicitando ademais os medios para poder implementalo.
Aproveitarase para dar a coñecer os obxectivos acadados na execución do proxecto que está actualmente en marcha.
Recordamos que a solicitude de composteiros individuais pódese facer en: medioambiente@allariz.gal.