Esta semana técnicas de ADEGA realizarán visitas porta a porta na propia Vila de Allariz, informando sobre a situación dos composteiros comunitarios e como se debe separar o lixo do fogar. Si mesmo farán o seguimento dos mais de 150 compostadores xa entregados dentro da campaña do 2021.  Contamos para elo coa colaboración económica da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia  estando as actuacións cofinanciadas nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, sendo a inversión subvencionable de 41.471,50€.

O desenvolvemento final da mesma, suporá a entrega de 200 composteiros de uso individual de entre 450 e 850 litros, para a recuperación da materia orgánica producida nos fogares que dispoñan de finca e está especialmente dirixida ós núcleos rurais do municipio. Ó tempo incrementaranse as áreas de compostaxe comunitaria e melloraranse as zonas de acumulación de biomasa. O obxectivo a acadar neste ano é o 50% na separación e reciclaxe dos residuos xerados en Allariz ó longo do ano 2021, para isto paralelamente se está a realizar un estudo que permitiu establecer cales son as áreas con maior uso, e como ampliar o despregue de colectores de reciclaxe de vidro, envases e papel cartón, dentro do municipio.

Persoal de ADEGA está a realizar visitas presenciais de asesoramento para a veciñanza que dispón de composteiros nas súas fincas, ó tempo que realiza unha formación especializada para o persoal do Concello que se dedica a estas función.

O compost resultante está a ser empregado por veciños e veciñas nas súas parcelas e xardíns, así como por produtores de horta e gandería locais. Co cal conquerimos que se peche o círculo produtivo a nivel local.

Aquelas persoas interesadas na obtención dun compostador poderán dirixirse a itziar@adega.gal ou ben a medioambiente@allariz.gal.