Concello e Espazo Bencomún asinan colaboración coa finalidade de proporcionar un servizo a persoas traballadoras independentes, autónomas e/ou microempresas que requiran dun espazo para desenvolver a súa actividade empresarial – un posto de traballo nun espazo de traballo compartido – en diferentes formatos, segundo a dispoñibilidade do espazo BenComún Coworking.

A través desta convocatoria regúlase o Programa de axudas do Concello de Allariz para o uso dun posto de traballo no espazo de traballo compartido BenComún Coworking, co obxecto de favorecer o nacemento, arranque e consolidación de novas empresas, a xeración e emprego e autoemprego, e a dinamización económica do concello.

Serán beneficiarias finais do servizo subvencionado as persoas que sexan traballadoras independentes, autónomas ou microempresas, é dicir, calquera que sexa a súa forma xurídica-societaria.

O Programa de axudas para uso dun espazo de traballo compartido conta cun importe global máximo de 6.000 € por parte do Concello e Allariz para a anualidade 2018, que sumada á axuda de Espazo Bencomún poderá acadar ao 90% do coste do servizo de coworking durante o período dun ano.

O servizo de coworking conta con diferentes modalidades e as persoas usuarias poderán facer uso dos diferentes servizos dos que dispoñen na actualidade.