Allariz conta cun total de 92 núcleos de poboación dos cales, neste ano dentro do plan de asfaltados municipais, realizaranse un total de 24 intervencións segundo as casuísticas e necesidades de cada zona.
Parte desas 24 intervencións xa foron executadas. Nos núcleos como Laioso, Vila, Souto, Gundiás, Queiroas, Outeiro de Orraca, Seoane, As Quintas, San Salvador, Paciños, Requeixo de Valverde, Valverde, a Portela de Airavella ou Vilariño foron asfaltadas as vías que transcorren polo núcleo ou as que dan acceso o mesmo.
Por outro lado acometéronse melloras en vías como a que vai a Coira, coa limpeza das cunetas, unha petición veciñal ca que os responsables municipais coincidían xa que o ser unha estrada tan estreita e non estar as cunetas despexadas dificultaba o transito cando se cruzaban os vehículos. Asi mesmo, no núcleo de Armea tamén se realizou un acondicionamento da zona próxima a fonte así como a limpeza das cunetas. En Casdanagaia asfaltouse ata o cruce cas vivendas, en Meire arranxouse o tramo que vai dende o cruce con Vilar de Flores e ata o vial da autovía e en Outeiro de Orraca un tramo que vai a Cardanachama.
Na actualidade estase a acometer a vía da subida a Penamá, que transcorre dende A Torre ata o límite con Barracel, e quedan por executar nos vindeiros días o tramo de Outeiro de Coedo ata o límite co Concello de Vilar de Santos, o acceso a Turzas pola zona da capela e o núcleo de Peñaflor.
Segundo nos explicaba a rexedora municipal, Cristina Cid, a relación dos camiños incluídos no plan deste ano fíxose despois dun estudo das estradas do Concello e tamén en base á lista de peticións trasladadas polas asociacións de veciños e veciñas, priorizando aqueles máis frecuentados e que se atopaban en peor estado.
O custe das obras ascende a un total de 210.000€, dos cales AGADER aporta 46.000€ e o Concello de Allariz 164.000€.