Nas últimas semanas as illas de recollida de residuos orgánicos contan cun novo colector, de cor verde cunha inscrición laranxa “aceite de cociña”.

O Concello de Allariz da un novo paso máis no coidado do medio coa instalación de seis colectores para o reciclaxe de aceite de cociña usado, colocados en puntos estratéxicos da vila, aos que os veciños e veciñas teñen fácil aceso: Campo da Barreira, estrada de Xunqueira, Emilia Pardo Bazán, travesía Alfredo Nan, rúa do Piñeiro e rúa Irmandade.

Os novos colectores permitirán que a xente leve o aceite usado nunha botella de plástico que depositará pulsando unha palanca.

Bernardo Varela, concelleiro de medio ambiente, apuntou que “este é o primeiro paso e se funcionan ben, os colectores colocaranse noutros puntos da vila”.

O aceite reciclado será retirado por unha empresa especializada sen custe algún para o Concello de Allariz.