A brigada de obras do Concello de Allariz comezou coa reparación e acondicionamento dos parques infantís.

As obras, iniciadas a pasada semana no Parque de Tras San Benito, pasan pola reparación daqueles elementos danados na zona de xogos e o pintado tanto dos distintos bambáns como do valado exterior.

A previsión, que depende do tempo, é continuar nos próximos días cos parques na rúa 25 de xullo, o parque Portovello e Vilanova.

Obras no CEIP Allariz

Os operarios municipais tamén se encargan, durante os días previos ao comezo do novo curso, das reparacións en diferentes dependencias do colexio Padre Feijóo de Allariz, como a cociña, os vestiarios e a biblioteca escolar. As actuacións tamén comprenden a renovación dunha parte da fachada principal e a posta en funcionamento do horto escolar.