O venres pasado o Concello de Allariz participou como convidado no “Seminario Políticas agroalimentarias desde los municipios rurales: Miradas desde la Agroecología”. Organizado pola Red de Ciudades por la Agroecología en el municipio catalán de Navás.
O técnico de Medio Ambiente do Concello de Allariz, Xosé Romero, foi o encargado de participar no debate “Boas prácticas en políticas alimentarias como mirada ecolóxica en pequenos concellos”, xunto co Alcalde de Baztán, Joseba Otondo e a Alcaldesa de Orduña, Itziar Biguri Ugarte.
Este encontro permitíunos amosar o traballo realizado polo noso sector primario, destacando a aposta e a labor que fan @s labreg@s e gandeir@s de Allariz, no mantemento do noso territorio e no coidado da nosa saúde. E tamén compartir as iniciativas municipais cara a sostibilidade que teñen feito de Allariz un referente neste eido.
Ó tempo nos permitiu coñecer experiencias exitosas doutros territorios do Estado e tentar mellorar no traballo que se está a levar adiante. Porque a sostibilidade é cousa de tod@s e precisamos adquirir coñecementos daqueles que xa teñen contrastados avances no eido da Agroecoloxía.