A idea deste proxecto xorde a partir de darlle unha segunda vida aos elementos que os veciños e veciñas de Allariz achegan ao Punto Limpo situado no Polígono de Chorente.
Bernardo Varela, concelleiro de Medio Ambiente, resalta a importancia que para Allariz ten a reciclaxe, a reutilización e a recuperación. A vista está todos os programas implantados non últimos anos como pode ser, o Servizo RE, a compostaxe individual e comunitario, a recollida porta a porta de cartón e vidro á hostalería e ó comercio, así como os bos rexistros de separación e reciclaxe no lixo en Allariz.
Miguel López, traballador municipal do Concello de Allariz e membro da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Allariz, explica que este servizo que oferta o Concello de Allariz pretende concienciar a cidadanía no fomento do aproveitamento dos recursos e como podemos reciclar máis alá da separación do lixo que producimos nas nosas casas e negocios.
O Punto de Recollida e Recuperación está localizado no Polígono de Chorente na rúa nº3, 2A e para poder achegarse, tanto para depositar obxectos como para darlle unha segunda vida ao que xa está utilizado, deberase chamar ao número de teléfono 686 477 222.
Un Allariz máis limpo e cousa de todos e todas e darlle unha segunda vida as cousas tamén!