O concello de Allariz organiza un concurso de fotografía de Nadal, baixo o título #NadalAllariz2019 e destinado ás persoas maiores de 16 anos que visiten Allariz durante estas festas. Para participar só é preciso unha fotografía tomada nalgunha das decoracións de Nadal deste ano.

A través da páxina web www.allariz.gal/nadal  a persoa participante poderá subir ata un máximo de tres fotografías que serán votadas polos/as usuarios/as nos períodos marcados nas bases.  A organización premiará ao autor/a da fotografía gañadora con máis votos cunha cámara fotográfica (Instan Camera).

Toda a información en https://www.allariz.gal/concursonadal/