O Concello de Allariz, en colaboración co comercio e a hostalaría local, presentou esta mañá a nova edición da campaña de Nadal “O Peto dos Desexos 2025”, unha iniciativa xa consolidada que busca seguir incentivando o consumo de proximidade e contribuír á dinamización da economía local durante a tempada festiva.

A campaña estará activa do 5 de decembro de 2025 ao 6 de xaneiro de 2026, ambos incluídos, e mantén o seu atractivo sistema de premios: 1.000 € en vales de compra, distribuídos en dous premios de 250 € e cinco premios de 100 €.

Para participar, as persoas interesadas deberán xuntar tíckets de compra por un importe mínimo de 30 € e depositalos xunto coa súa “Tarxeta dos Desexos” en calquera dos dous Peto dos Desexos instalados no Alto do Portelo e na Alameda.

Todas as compras realizadas durante o período da campaña entrarán automaticamente no sorteo, que se celebrará o 9 de xaneiro de 2026, ás 11:30 horas, nun acto público no Alto do Portelo.

A alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, e a concelleira de Comercio, María López, destacaron a importancia de reforzar o apoio ao comercio local nestas datas:

“Mercar en Allariz sempre ten premio. Ademais de dinamizar a nosa economía, contribúe a fortalecer o emprego e a vida diaria da nosa veciñanza. O consumo responsable e de proximidade é unha aposta segura polo futuro do noso tecido comercial”.

Un ano máis, a campaña complétase cun amplo programa de actividades de Nadal e cunha coidada ambientación de rúas ademais do concurso de escaparates de Nadal para comercio e hostalería, que converterán Allariz nun espazo acolledor e atractivo tanto para residentes como para visitantes.

Para máis información sobre a campaña e a programación especial de Nadal, pódese consultar a web municipal: allariz.gal/nadal