A Casa da Mocidade de Allariz acollerá dous novos cursos de animación 3D e de modelado de personaxes de animación, para os que ven de abrir o prazo de inscrición.

“Introdución ao desenvolvemento de películas de debuxos animados” permitirá aos alumnos coñecer os procesos de produción , o modelado de obxectos sólidos, texturas e materiais, a interfaz de Blender, iluminación e a composición con nodos, entre outros.

En “Creación, modelado e técnicas de animación de personaxes” veranse os principios de animación, a composición de escenas, texturas e mapeado e diversas técnicas de animación.

Os cursos desenvolveranse a partir do mes de outubro ata xuño de 2016 e conta con prazas limitadas. Os interesados poden obter máis información e inscribirse a través do correo electrónico animacion3D@allariz.com