Na mañá de hoxe, presentáronse as actividades culturais e de lecer programadas para os meses de verán deste 2023 en Allariz.
Cristina Cid, Alcaldesa de Allariz estivo acompañada por Alberto Conde, María López e Carlos Puga, responsables das áreas de Cultura, Promoción Económica e Deportes para a presentación deste calendario de actividades, que desfrutaremos durante estes meses estivais.
Música, actividades para público infantil, cinema, actividades deportivas son algunhas das apostas para este tempada de verán en Allariz.
Un ano máis contaremos coa celebración en Allariz de parte da programación de Abanea, Festival de danza e movemento. Tamén nos visitarán as XXXVIII Xornadas do folclore que sempre nos achega culturas e artes de distintas partes do mundo.
Entre as novidades musicais desta edición podemos atopar as actuacións de grupos galegos como O Sonoro Maxín, Catuxa Salom, Monoulious Dop e A Banda da Loba entre outras moitas actividades.
A comedia estará presente da man de espectaculos para todos os públicos como Circo Chosco – Oh pera a principios de agosto. Por outra banda Nelson Quintero co espectáculo Pequeno Cabaret Infantil estará connosco no mes de setembro xa.
Tamén poderemos gozar das Festas de San Bieito e da Empanada así como do Día da Patría, as cales terán varios actos durante as súas celebracións, para todos os públicos, pensadas para que tanto maiores coma cativos e cativas e mocidade desfruten delas.
Exposicións, mercados, festas etnográficas, Arte de Man, o Festival RiR, a 2ª edición do Trail de Allariz así como as xa consolidadas Xornadas de Carne de Boi de Allariz completan o calendario de actividades de verán, que segundo nos explicaron os responsables municipais, están pensadas para que os e as veciñas, así como a xente que nos visite durante esta tempada, gocen de Allariz.