O Concello de Allariz coa colaboración de comerciantes e hostaleiros de Allariz, sortearon esta mañá os premios da campaña O Peto dos Desexos, organizada co propósito de propiciar as compras na época de Nadal no comercio local.

A concellería de promoción económica foi a encargada de repartir os tres premios de 200 euros entre os clientes do comercio e hostalería de Allariz que xuntaron tíckets de compra ata alcanzar un valor de 30 euros e xunto coa tarxeta dos desexos depositárona no buzón dos desexos.

As persoas que resultaron premiadas, coas que contactarán por teléfono son:

  • Miriam Rodríguez Rodríguez
  • Laura Álvarez Rodríguez
  • Isabel Carrillo

Suplentes:

1º – Dolores Fernández Gómez

2º – David Roja Durán

3º – Lola Sarmiento

As persoas premiadas gozarán da cantidade de 200€ para investir no comerico local con data límite o 31 de xaneiro de 2019.