O Concello de Allariz ven de anunciar a cancelación da festa campestre no campo de Vilanova a fin de semana da empanada.
Debido a situación sanitaria, o Concello de Allariz decide cancelar a celebración da festa campestre no Campo de Vilanova que coincide coa Festa da empanada, este ano non haberá postos de venda empanada carpa e pulpeira.
O que si se mantén é a programación cultural que se celebra esa fin de semana:
-Sábado 22 – Espectáculo infantil –teatro o cubo de GHOP. 20.00 h no Campo dos Brancos
-Sábado 22-Final campionato de Billarda.
-Domingo 23-Pasarrúas e concerto da Banda Unión Musical de Allariz. As 11 e 13 h no campo de Vilanova.
-Domingo 23-Desfile de Xigantes e Cabezudos co acompañamento do grupo musical PAR DE PAR.
-Domingo 23- Concerto do grupo COANHADEIRA 7273 as 19.30 h no campo de Vilanova.
Dende a área de Cultura pídeselle o hostalería que esa fin de semana fagan un guiño a festa ofrecendo nas súas cartas, menús ou pinchos a típica empanada, para así entre todos por en valor este produto tan noso.