A Área Promoción Económica, Turismo e Comercio, do Concello de Allariz, lanza o concurso de fotografía de outono, Allariz en cores.

Dende hoxe xoves 21, as persoas que queiran participar, deberán enviar unha fotografía feita no Concello de Allariz, durante o outono, ao correo electrónico participa@allariz.gal. O prazo para participar neste concurso estará aberto ata o 20 de novembro.

Algúns dos requisitos que se deben cumprir para participar no Allariz en cores son ser maior de idade, realizar a fotografía dentro do municipio e non dedicarse profesionalmente a esta arte.

O xurado, elixido polos organizadores do concurso,  será o encargado de valorar todas as fotos do concurso e escoller as 3 mellores, que gañarán un vale para mercar no comercio e hostalería local.  A cuantía dos premios será de 150€ para fotografía que quede de primeira, 100€ para o segunda e 50€ para a que quede en terceira posición.

Para máis información podes consultas as  bases ▶️ BASES ALLARIZ EN CORES 2020