O Concello de Allariz procederá, a partir do día 1 de febreiro e ata o 1 de abril, ao cobro dos recibos polo imposto de vehículos de tracción mecánica e taxa pola prestación do servizo de recollida do lixo correspondentes ao ano 2019.

As persoas interesadas poden consultar o contido das listas cobratorias na planta baixa da Casa do Concello, en horario de oficina de 9:00h a 14:00h de luns a venres.

Forma de pagamento 

– Recibos domiciliados: Quen teña o pago dos recibos domiciliados nun Banco ou Caixa de Aforros recibirá no seu domicilio o correspondente xustificante bancario do seu pagamento.
– Recibos non domiciliados: Os contribuíntes recibirán no seu domicilio os recibos que deberán presentar nalgunha entidade bancaria das que neles se citan. Tamén poderá abonarse o imposto a través de internet na páxina web: www.allariz.com/tributos.

Os recibos non aboados no período de pago voluntario incorrerán nunha recarga do 5%, 10%, 20%, segundo proceda, de conformidade co disposto no artigo 28 da Lei xeral tributaria, Lei 58/2003.