Allariz celebra, do 8 ao 14 de febreiro, a tradicional Festa do Entroido con actividades para pequenos e maiores.

O Entroido en Allariz comeza o xoves 8 de febreiro, día de comadres. A Charanga Achicoria amenizará as rúas de Allariz dende as 20:30h.

O venres 9 de febreiro de 23:30h ás 01:30h será a Noite de Entroido na Praza Maior coa Discomóvil Apocalipsis.

O Domingo 11 ao mediodía a charanga Char La Nota amenizará dende as 12:00h ata as 14:00h as rúas de Allariz.

O luns 12 haberá actividades para todos os públicos. A Praza Maior acollerá a Festa Infantil dende as 17:30h coa Discomóvil Apocalipsis .

As 21:30h voltará un ano máis a Cachuchada no Campo da Barreira. Nos vindeiros días poranse a venda os tickets para asistir a esta xuntanza popular organizada pola Asociación Cultural Xan de Arzúa. Ao rematar haberá pasacalles coa charanga Los Fujitivos dende a Barreira.

O martes 13 as 18:00h dará comezo o Baile de Entroido e o Concurso de Comparsas. Space Discomóvil será a encargada de amenizar a tarde festiva en Allariz.

Para despedir o Entroido, o mércores 14 terá lugar o Pranto de Entroido. A saída será ás 20:00h dende a Praza Maior e a queima do meco realizarase no Campo dos Brancos.

Concurso de Comparsas

Ata o día 9 de febreiro está aberto o prazo de inscrición das comparsas, para participar no concurso.

A orixinalidade, a elaboración e a escenificación do disfrace son os aspectos que o xurado valorará nas comparsas inscritas.

As comparsas (a partir de 10 compoñentes) poderán optar aos seguintes premios: 250€, 200€ e 150€ para os tres primeiros clasificados. Os premios entregaranse o martes 13 ás 20:00h durante o Baile de Entroido na Barreira.

Información e inscrición: Casa da Cultura 988 440 859; cultura@allariz.gal