O Festival de Xardíns de Allariz bate o récord de visitas no que vai de verán. Cando remata o mes de xullo o Festival de Xardíns de Allariz suma máis de 14.000€ de ingresos en entradas, que comprenden as entradas habituais a un custe de 2€ xunto coas entradas reducidas de 1€ para grupos e pensionistas. A estas visitas súmanse, no cómputo xeral, as que realizan, de xeito gratuíto, as persoas empadroadas en Allariz e menores de 12 anos.

O Festival Internacional de Xardíns de Allariz constitúe un dos principais reclamos turísticos de Allariz e as súas edicións consolidan o evento como referente para público especializado, profesionais do sector e visitantes que se achegan a ver os xardíns. Destacan, nesta edición, a fermosura do conxunto e, sobre todo, o bo estado da planta.

Tema 2019 “Xardíns de Cine”

Ata o día 30 de novembro permanecerá aberto o prazo para presentar os deseños da vindeira edición baixo o título de “Xardíns de Cine”.

Toda a información en www.allariz.gal/festival