Durante sexto ano consecutivo en Allariz, o humor ocupa un lugar moi importante na celebración do Festival RiR (Festival Internacional de Curtametraxes de Comedia). Desde o 4 ata o 9 de setembro, Allariz será o escenario dunha das citas máis relevantes que temos co humor no territorio galego.

Zinemusik e Escena Sonora, coa colaboración do Concello de Allariz e a Deputación de Ourense, son os organizadores deste Festival Internacional de Curtametraxes de Comedia. Curtas de humor de diferentes países e actividades paralelas como espectáculos teatrais e musicais farán que os espectadores poidan gozar ao máximo deste evento tan especial. Este ano recibíronse un total de 268 curtametraxes de comedia, das cales 41 están finalmente na Selección Oficial.

A presentación do evento tivo lugar na mañá de hoxe, 4 de agosto, no Campo dos Brancos, situado detrás da Casa da Cultura de Allariz. Asistiron a esta cita Cristina Cid, alcaldesa de Allariz, acompañada de Bernardo Varela, tenente de Alcaldía e Alberto Conde, concelleiro de cultura de Allariz. Xunto a eles estiveron Óscar Doviso e José Freiría, director e subdirector do Festival. Por parte da Deputación de Ourense acompañounos na presentación Cesar Fernández Cid, vicepresidente 2º e responsable de Cultura, Educación e Deportes da Deputación Provincial.

Como nos explicou Óscar Doviso, organizador do RiR, a programación xa está dispoñible na páxina web do Festival, https://www.festivalrir.com/programacion/. Un ano máis, a música, os espectáculos humorísticos, a homenaxe a Manuel Summer, coincidindo co trinta aniversario do seu falecemento. Durante esta homenaxe proxectarase a súa curtametraxe “El viejecito”.

Este ano o festival amigo convidado será o Festival de Cine de Comedia de Tarazona e o Moncayo, mais importante do estado. representado po Carlos Gurpegui Vidal, coordinador de comunicación e imaxe do festival. Entre o seu currículo está ser membro da Academia das Artes e Ciencias Cinematográficas nacional e organizador dos Premios Feroz.

O xurado, como nos revelou a organización na mañá de hoxe, comporase por tres membros: Elena Seijo actriz ourensá, Machi Salgado, actor ourensá e Goize Blanco, actriz vasca. Estas tres persoas serán as encargadas de elixir ás curtas gañadoras desta edición.

Outra parte do festival é a entrega do premio RIR Contigo, que se outorga para premiar traxectorias dedicadas á comedia. Este ano outórgase ao actor galego Manuel Manquiña. En edicións pasadas foron premiados Carlos Blanco, Luis Davila, Xosé A. Touriñán e a Isabel Risco na edición pasada.

O Festival RiR, continua por segundo ano consecutivo dentro do Pacto de Cultura Sostible, polo que iranse implantando obxectivos para facer do evento un acto máis consciente, máis respectuoso co medio ambiente e coas persoas con dificultades motoras.

As curtas estarán subtituladas, haberá asentos reservados para persoas con mobilidade reducida e grazas a un convenio asinado coa Asociación Down Ourense, dúas persoas deste colectivo participarán na organización do Festival axudando nas tarefas de coordinación do evento. Tamén se habilitará un Punto Violeta para todas aquelas persoas que estean a sufrir violencia de xénero poidan acudir a este punto.

Por outra banda, dentro do Festival continuase a traballar co compromiso de intentar reducir o consumo de plásticos e envases de un so uso.

Cesar Fernández, vicepresidente da Deputación explicaba a importancia que este tipo de iniciativas culturais. Agradecía á organización do Festival e ao Concello de Allariz o compromiso coa cultura.

Cristina Cid agradecía un ano máis aos responsables do Festival por seguir apostando por Allariz, xa que un evento como este fomenta a economía local ademais da cultura. O Festival xa forma parte do calendario de eventos alongando a tempada ata setembro en Allariz, despois de seis anos.

Cristina resaltaba o crecemento tan axeitado que ten o Festival RiR, medrando dun xeito máis consciente, con responsabilidade social corporativa e máis sostible.

A Alcaldesa de Allariz pechaba a presentación animando a que todas as persoas que queiran achegarse e ser parte desta nova edición do Festival RiR en Allariz, gozando dunha programación que nos vai sorprender como xa é costume.